Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia o excesivo despregue policial pola inauguración do novo local do PP

Written By Virgulino on 12/7/04 | 17:37

O MpDC critica que sexan as Forzas de Seguridade públicas as que estean a realizar estes traballos para a estrea do local dunha organización política.



O Movemento polos Dereitos Civís, ante as numerosas críticas que está a recibir por parte dos traballadores e traballadoras que no día de hoxe están a sufrir rexistros nos seus coches, identificacións e un ambiente de certa psicosis, quere denunciar o excesivo despregue policial que na zona de San Lázaro da cidade de Santiago de Compostela están a facer as Forzas de Seguridade, nomeadamente a Policía Nacional, pola inauguración do novo local do Partido Popular.



En primeiro lugar, criticamos este despregue pola vulneración dos dereitos fundamentais que supón para os traballadores e traballadoras de esta zona que están a ver alterada a súa dinámica diaria, e na que se ven na obriga de abrir os seus coches, identificados e son tratados como auténticos delicuentes.



E en segundo lugar, denunciamos que este reforzamento da “seguridade” para a estrea do local dunha organización política se faga con medios públicos, coas forzas de seguridade que entre todas e todos pagamos, e que agardamos que teñan un papel que desenvolver de maior relevancia para a sociedade que o de protexer as sedes de organizacións políticas.



Para evitar este tipo de situacións, onde se respira certo ambiente de psicosis colectiva, con rexistros e identificacións na zona de San Lázaro, desde o Movemento polos Dereitos Civís cremos que a mellor maneira de evitar este tipo de situacións é a prevención, entendendo unha política da prevención e da seguridade, non como unha cidade ateigada de policias que increpan aos traballadores e traballadores senon gobernos responsabeis que desenvolvan políticas de prevención mais tamén políticas de respeto ás liberdades e aos dereitos fundamentais da cidadania.

0 comentarios:

Publicar un comentario