Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

CONVOCA O MOVIMENTO POLOS DIREITOS CIVÍS

Written By Virgulino on 16/6/04 | 18:38

VIEIROS | Santiago de Compostela



Concentración contra as actuacións irregulares da policía local



[16/06/2004 17:51] O Movimento polos Direitos Civís convoca unha concentración diante do Concello de Santiago para protestar polo que consideran actuacións irregulares da policía local. O MpDC lembra as as numerosas denuncias que se están a presentar contra membros da Policía Local de Compostela "por agresións a xoves durante os fins de semana, o impedimento para entrar no concello para asistir a Plenos, as negativas a identificarse, a denegación de auxilio, a actitude agresiva, as multas e arrestos de xoves por colar carteis, ás ameazas, á xa tristemente famosa carga de policías municipais contra traballadores de CESPA, etc...". A concentración, que terá lugar o xoves día 17, está apoiada por diversos colectivos políticos e sociais, como ADEGA e Esquerda Unida.

0 comentarios:

Publicar un comentario