Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Xulgado de Instrucción nº 6 de Compostela abre dilixencias e chama a declarar ao coordenador do Movemento polos Dereitos Civís

Written By Virgulino on 5/5/04 | 12:33

O Xulgado de Instrucción nº 6 de Compostela abre dilixencias e chama a declarar ao coordenador do Movemento polos Dereitos Civís pola actuación policial na Praza do Obradoiro na concentración de Nunca Máis do 25 de xullo

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) informa de que o próximo 12 de maio ás 12.30 o coordenador do MpDC, Renato Nuñez, acudirá aos Xulgados de Santiago de Compostela pola denuncia realizada por esta organización en defensa dos direitos civís pola actuación policial do pasado 25 de xullo, na concentración de Nunca Máis polas medallas de Galiza.

O Movemento polos Dereitos Civís apresentou esta denuncia xa que o pasado día 25 de Xullo, membros da policía nacional montaron un control na entrada da praza do Obradoiro impedindo o paso a todas aquelas persoas que levaban consignas de Nunca Máis ou da manifestación que se estaba a celebrar na Quintana en base a unha suposta orde gobernativa. Este feito fixo que se lles requirira os números de placa para denunciar ante o Xulgado de Garda que estaban impedindo a libre circulación de persoas sen motivación algunha. Ante a negativa dos efectivos a identificarse houbo unha forte discusión á que acudiu polo menos un reporteiro gráfico que aceptou, ao ser requirido, testemuñar sobre a actuación policial. Tras o alboroto que se formou a policía “repregouse” (expresión utilizada polos seus mandos) e o paso quedou libre para todos e todas que quixeran a acceder ao Obradoiro.

O Movemento Polos Direitos Civís entregou varias fotos, realizadas para El Periódico de Cataluña, coas que identificar aos dous policías (averiguacións que se realizaron por parte do Xulgado nº6 en Vigo e Santiago de Compostela) que se negaron a informar sobre os seus números de placa e comunicar quen era o seu superior, ademais dispoñemos de dúas testemuñas que, de forma voluntarias e ante a actitude policial, ofrecéronse a dicir o que aconteceu ante un xuíz.

Estas dilixencias comezaran a semana que ven, e das que o MpDC tamén participará coa comparecencia do seu coordenador, Renato Nuñez, como unha das testemuñas e como propio perxudicado ante esta actuación policial desmedida.

0 comentarios:

Publicar un comentario