Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O volume de queixas formuladas perante o Valedor do Pobo volve a baixar

Written By Virgulino on 7/5/04 | 17:08

A falta de interese do Valedor do Pobo en investigar as denuncias que se lle formula volve a provocar unha baixada no número de denuncias recibidas, que pasa das 2656 do ano 2001 a menos da metade no 2003.



O Movemento Polos Dereitos Civís ven de facer un primeiro análise do informe do Valedor do Pobo referente o ano 2003 que, tal e como viñamos denunciando, demostra unha falta de confianza, por parte da cidadanía, nesta institución. Desde o MpDC formulamos denuncias que foron rexeitadas polo Valedor do Pobo e logo aceptadas polo Defensor del Pueblo (cámaras de videovixilancia de Santiago de Compostela e censura informativa no Concello de Toques), non investigadas a pesar de que vulneraban claramente o Titulo I da Constitución e, sen embargo, realizou outras actividades que se escapaban claramente das súas competencias (abertura dunha conta para os damnificados do Prestige na que se ingresaron 600.000 €).



É de esperar que este tipo de actuación supoña o desanimo dos cidadáns que requiren o seu amparo e se aprecie nunha diminución das Queixas que pasaron das 2656 no 2001 ás 1635 no 2002 e soamente 1307 no 2003.



Por outra banda resulta rechamante a falta de iniciativa propia para realizar investigación sobre os posibles dereitos vulnerados á cidadanía, neste sentido cabe destacar que as investigacións de oficio non supoñen o 1% das indagacións realizadas polo Valedor do Pobo, e versan sobre temas como que nunha urbanización faltaba o número nas vivendas. O Valedor do Pobo comportase como un mero administrativo que tramita un expediente, sobre todo en materias urbanísticas, saúde e convocatorias públicas de emprego. Queremos lembrar que o Titulo I da Constitución é moi amplo (46 artigos en total) e fala do dereito a unha información veraz, do dereito ao honor, do dereito a tutela xudicial, do dereito a manifestarse, do dereito de reunión, á liberdade de expresión.... dereitos vulnerados polas administracións e denunciados polo MpDC sen que na data de hoxe merecera ningunha investigación por parte do Valedor do Pobo.



Tamén queremos destacar que Santiago de Compostela é o Concello que acumula o maior número de queixas. Tamén foi o concello ao que o Valedor do Pobo reiterou en mais ocasións a petición de informes por falta de resposta ou resposta incompleta.

0 comentarios:

Publicar un comentario