Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Falta de pluralidade na información facilitada polos medios

Written By Virgulino on 8/5/04 | 11:18

Resulta, cando meno, vergonzoso o tratamento informativo dado polos medios de comunicación á presentación do Informe 2003 do Valedor do Pobo. A pesar de que os xornais e radios do noso país recibiron no mesmo día desta presentación un analise que chamaba a atención sobre varios puntos negativos da xestión desta institución, limitaronse a gabar e ensalzar a labor de José Ramón Vázquez Sande, aínda cando esta xestión supuxo unha disminución das queixas que pasaron das 2656 no 2001 ás 1635 no 2002 e soamente 1307 no 2003. A pesar de que este feito demostra unha falta de confianza crecente, por parte da cidadanía, nesta institución foi minimizada polo medios de comunicación. Foi ocultado o feito de que o Valedor do Pobo non aceptou denuncias que logo, formulada perante o Defensor del Pueblo, fueron aceptadas cando o lóxico sería que o Valedor do Pobo as tramitara ou remitira a Enrique Múgica; tamén se ocultou que varias denuncias que vulneraan claramente o Título I da Constitución non foron tramitadas por que o Valedor do Pobo considerouse incompetente para tramitalas mentres realizaba outras actividades que se escapaban claramente das súas competencias como é a abertura dunha conta para os damnificados do Prestige na que se ingresaron 600.000 €. A falta de iniciativas por parte do Valedor do Pobo para realizar investigación sobre os posibles dereitos vulnerados á cidadanía tamén foi ocultada, estas investigacións só supoñen o 1% das indagacións realizadas e tratan sobre temas como que nunha urbanización faltaba o número da rúa nas vivendas.



Me gustaría lembrar que o Titulo I da Constitución é moi amplo (46 artigos en total) e fala do dereito a unha información veraz, do dereito ao honor, do dereito a tutela xudicial, do dereito a manifestarse, do dereito de reunión, á liberdade de expresión.... dereitos vulnerados polas administracións e denunciados pola cidadanía sen que na data de hoxe merecera unha atención clara por parte do Valedor do Pobo que se interesa, maiormente, sobre o urbanismo (40% das queixas).



Por todo esto, e sobre todo polo dereito a recibir unha información veraz e contrasta, así como pola liberdade de expresión, é importante que os medios de comunicación mostraran un pouco máis de imparcialidade e deran os distintos puntos de vista cando, como é o caso, existen.

0 comentarios:

Publicar un comentario