Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor del Pueblo admite a tramite a queixa apresentada polo MpDC pola expulsión dos xornalistas do pleno do concello de Toques

Written By Virgulino on 19/4/04 | 12:48

Esta mesma queixa por vulnerar o direito á liberdade de prensa e a recibir información foi apresentada no Valedor do pobo galego, e foi rexeitada por esta institución que amosa de novo a sua incapacidade para realizar a sua labor

O Defensor del Pueblo admitiu a tramite a queixa apresentada polo Movemento polos Direitos Civís (MpDC) pola expulsión dos xornalistas do pleno do concello de Toques en xaneiro, cando foi feta pública a condena do alcalde deste concello por abusos a unha menor. O Defensor del Pueblo solicitou ao concello de Toques, grazas a esta queixa, un informe para que o concello dé explicacións sobre a sua “ilegal” actuación.

Esta queixa, apresentada no pasado mes de xaneiro ante o Valedor do pobo, foi rexeitada por esta institución, que deste xeito amosa de novo a sua incapacidade para realizar as labores que ten asignadas para defender os direitos da cidadania galega. Xa non é a primeira vez que acontecen feitos deste tipo no que o Valedor do Pobo se nega a aceptar e investigar unha queixa e temos que recurrir ao Defensor del Pueblo en Madrid para que se escoite a nosa voz.

A queixa apresentouse pola vulneración dos seguintes direitos: Que o artigo 23 da Constitución dí que “os cidadáns teñen o direito a participaren nos asuntos públicos, directamente o por medio de representantes…” . Que o artigo 20 da Constitución dí que se recoñece o dereito “a comunicar ou receber libremente información veraz por calquera medio de difusión”. Que a participación directa e a comunicación do acontecido, implica entre outros, o dereito a acudir as sesión do pleno das Corporacións Locais, que tal e como consta no artigo 70 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réximen Local serán públicas. Que o artigo 542 do Código Penal prevé pena de inhabilitación para emprego ou cargo público por tempo de un a catro anos a autoridade ou o funcionario público que, a sabiendas, impida a unha persoa o exercicio doutros dereitos cívicos recoñecido polas Constitución e as Leis; Que o artigo 139 da CE di que ningunha autoridade poderá adoptar medidas que directa ou indirectamente obstaculicen a liberdade de circulación e establecimento das persoas.

0 comentarios:

Publicar un comentario