Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Varios xovens de Santiago de Compostela foron golpeados por membros da Policía Local que chegou a utilizar Sprays e a investir cós seus vehículos cont

Written By Virgulino on 24/3/04 | 11:57

Estes feitos acontecidos o pasado Venres, día 13, pola noite, cando membros da policía local, por unha denuncia de ruídos, obrigaron a un mozo a arrodillarse e logo esposárono para levalo a identificar. Ante a indignación dos alí presentes, pola actuación desproporcionada ante unha simple falta de documentación, que reclamaban un trato máis digno os policía locais decidiron cargar, provocando unha estampida onde varios mozos e mozos saíron correndo e un deles viu como lle cortaba o paso un vehículo da policía local, case atropelándoo, motivo polo que tivo que esquivalo golpeándose fortemente; a un xoven pisáronlle a cara cunha bota e a outro golpeárono por todo o corpo.



Estes feitos se suman á xa tristemente famosa carga de policías municipais contra traballadores de CESPA, o impedimento para entrar no concello para asistir a Plenos, as negativas a identificarse, a denegación de auxilio durante os altercados entre afeccionados do Compos e do Depor onde morreu unha persoa, as multas e arrestos de xovens por colar carteis, ameazas, etc...



Lonxe de averigüar o que está acontecendo, Xosé Baqueiro demostrou unha falta total de interese polas denuncias formuladas que non son, sequera, tramitadas.



A Policía Local confunde á mocidade con delincuentes transformando unha denuncia por ruídos en un problema de orden público con feridos.



Volvemos a convidar a Xosé Baqueiro a que reciba a algunhas das persoas que denunciaron actitudes violentas ou impropias por parte da Policía e así poder valorar os distintos feitos acontecidos. Tamén convidamos a Xosé Baqueira a que responda debidamente ao "Defensor del Pueblo" para evitar que esta institución teña que reclamar, de forma reiterada, información precisa. Facemos estes convites a través dos medios xa que por experiencia sabemos que non responden aos requirimentos que se lles formula. Tamén convidamos os medios a que esten presente na Rolda da Prensa que terá lugar mañá, ás 12:30 horas, no Local Nacional da CIG, onde algúns destes xovens relatarán todo o acontecido.

0 comentarios:

Publicar un comentario