Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Resume da Rolda de Prensa - Agresións Policiais

Written By Virgulino on 25/3/04 | 13:17

Na Rolda de Prensa celebrada hoxe, seis mozos explicaron o acontecido o pasado día 13 pola noite en Santiago.

Sobre ás 5:30 da mañá, cando estaban en Casas Reais, chegaron 2 coches e un todo-terreno da Policía Local, así como sete efectivos a pé, por mor dunha denuncia por ruídos. Instantes antes deixaren de tocar os dous tambores que tiñan e neste momento decidiron marchar. Un efectivo da Policía Local dirixiuse a un deles que levaba os tambores e pediulle o DNI, que non no tiña, tiráronlle os tambores e metérono nun dos vehículos. Un dos mozos que ía máis adiante, ao ver que introducían ao anterior xoven no coche policial, volveu para pedir explicacións e que en todo caso quería acompañalo. Este xoven foi empuxado, golpeado no chan e, logo antes de entrar en comisaría, rociaronlle a cara con Spray; logo cargaron contra os demais mozos e mozas que escaparon cara a Virxe da Cerca. Chegaron dous coches máis da Policía Local que volveron a cargar. Un dos mozos caeuse e foi golpeado por tres policías no chan que lle pisaron na cabeza para suxeitalo, logo puxéreno de rodillas e os esposaron. Outro mozo foi golpeado na cabeza, caeu e tamén foi golpeado pola Policía. Na Virxe da Cerca, a altura da Praza de Abastos un coche da Policía Local xirou no medio da rúa, tirando do freno de mán, tal cual nas películas acción, e empotrouse contra o muro que existe debaixo da Plaza de Abastos, dañando a defensa e o faro do coche e case collendo as pernas do mozo que pretendía interceptar, que logo foi golpeado (a pesar de entregarlles o DNI e non ofrecer resistencia) e acusado dos desperfectos do coche. Outro xoven ao ver esta escena parou levantou as más e tamén foi golpeado. Estas escenas foron presenciadas por unha veciña da Virxe da Cerca que berrou desde a ventan da súa casa para que os Policías parasen de agredir aos mozos.



Xa en comisaría houbo trato vexatorio no que se ameazou ao detidos, non se lles explicou o motivo da súa detención, e obrigóuselles a asinar documentos que non puideron ler, incluso ao mozo que foi rociado con Spray nos ollos e que, polo tanto non podía ler.



Estes feitos se suman á xa tristemente famosa carga de policías municipais contra traballadores de CESPA, o impedimento para entrar no concello para asistir a Plenos, as negativas a identificarse, a denegación de auxilio durante os altercados entre afeccionados do Compos e do Depor onde morreu unha persoa, as multas e arrestos de xovens por colar carteis, ameazas, etc...



Remitiremos este novo feito ao “Defensor del Pueblo”, Enrique Múgica, para que sumas as queixas que xa temos formulado contra o Concello de Santiago por brutalidade policial. Esperemos o Concello de Santiago tome nota dos feitos acontecido e investigue as actuacións da súa policía.

0 comentarios:

Publicar un comentario