Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Policía Local de Compostela segue sendo denunciada por brutalidade policial

Written By Virgulino on 17/3/04 | 13:52

Axuntará unha queixa por brutalidade na actuación do pasado venres



A Adxunta Primeira do Defensor del Pueblo, María Luisa Cava de Llano y Carrió, pide máis información ao Concello



O MpDC presentou queixa ao “Defensor del Pueblo” polas actuación absolutamente desproporcionada que se veñen dando na cidade de Compostela por parte da Policía Local. Entre as denuncias formuladas polo MpDC figura as de Xullo e Setembro do 2003; na primeira, presenta por un membro do MPDC acúsase a dous policías locais de Santiago de vulnerar as normas de circulación, non identificarse e obrigan a tres mozos a identificárense sen ningunha motivación; na segunda denuncia un veciño de Brión denuncia a un membro da policía local por increparlle, dar unha identificación falsa e ameazalo. Nas dúas ocasión os feitos foron postos en coñecemento do Concello de Santiago por medio de denuncias formais presentadas por escrito ante o Rexistro Xeral do Concello de Santiago sen que a data de hoxe obtiveran ningún tipo de resposta.



Antes estes feitos “Defensor del Pueblo” pediulle explicacións ao Concello quen se limitou a responder que “o Xefe da Policía Local desta cidade, realizou no seu momento as xestións oportunas, encamiñadas ao esclarecemento dos feitos relatados (...) e que da mesma desprendeuse que non había ningún tipo de irregularidade por parte dos axentes actuantes, polo que non foi necesaria a adopción de medida algunha, susceptible de ser comunicada ao interesado”.

Tras esta débil resposta o “Defensor del Pueblo” considerou que “á vista dos terminos do mesmo, con esta mesma data (11 de marzo), volveuse a solicita un novo informe complementario do anterior”.



A esta queixa o MpDC axuntará os feitos acontecidos o pasado Venres pola noite, cando membros da policía local, por unha denuncia de ruídos, presentáronse na Praza de Galiza, obrigaron a un mozo a arrodillarse e logo esposaronno para levalo a identificar. Ante a indignación dos alí presentes, pola actuación desproporcionada ante unha simple falta de identificación, que reclamaban un trato máis digno os policía locais decidiron cargar, provocando unha estampida onde varios mozos e mozos saíron correndo e un deles viu como lle cortaba o paso un vehículo da policía, case atropelandoo, motivo polo que tivo que esquivalo golpeándose fortemente.

0 comentarios:

Publicar un comentario