Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MPDC presentará unha queixa ao “Defensor del Pueblo” pola censura informativa

Written By Virgulino on 14/3/04 | 16:59

Realizará un informe idéntico ao que deu lugar ás criticas de Mugica sobre a crise do Prestige



O MpDC presentará unha queixa ao “Defensor del Pueblo” para que investigue a censura informativa relacionada cós atentados de Madrid, na mesma liña da queixa que xa formulou en Decembro do 2002, e que deu lugar ás duras críticas, realizadas por Múgica, contra o Goberno Galego e o Goberno do Estado Español por manipulación informativa.



O MpDC tamén fará chegar este informe ao Parlamento Europeo para intentar que se incluía no pronunciamento que está pendente de realizar a Comisión Europea por mor da denuncia que o MpDC presentou perante esta instancia, a raíz da censura informativa do Prestige, e que foi aceptada a trámite.



Tamén o MpDC realizará mesas redondas para analizar as posibles perdas de dereitos fundamentais que se poidan dar a raíz dos atentados do 11-M, tal e como pasou en EEUU.



O MpDC tamén aproveita para pedir a colaboración dos medios de comunicación para que faciliten toda información que poida ser incluída no informe.

0 comentarios:

Publicar un comentario