Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MPDC presenta queixa ao Valedor do Pobo pola expulsión de xornalistas do Pleno de Toques

Written By Virgulino on 28/1/04 | 12:06

Vulneraronse os artigo 23, 20 e 139 da CE e o 542 do Código Penal

O Movimento polos Direitos Civís ven de presentar queixa ante o Valedor do Pobo en base aos seguintes FUNDAMENTOS DE DEREITO:

Que o artigo 23 da Constitución dí que “os cidadáns teñen o direito a participaren nos asuntos públicos, directamente o por medio de representantes…”

Que o artigo 20 da Constitución dí que se recoñece o dereito “a comunicar ou receber libremente información veraz por calquera medio de difusión”.

Que a participación directa e a comunicación do acontecido, implica entre outros, o dereito a acudir as sesión do pleno das Corporacións Locais, que tal e como consta no artigo 70 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réximen Local serán públicas.

Que o artigo 542 do Código Penal prevé pena de inhabilitación para emprego ou cargo público por tempo de un a catro anos a autoridade ou o funcionario público que, a sabiendas, impida a unha persoa o exercicio doutros dereitos cívicos recoñecido polas Constitución e as Leis;

Que o artigo 139 da CE di que ningunha autoridade poderá adoptar medidas que directa ou indirectamente obstaculicen a liberdade de circulación e establecimento das persoas.

0 comentarios:

Publicar un comentario