Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Condena

Written By Virgulino on 10/1/04 | 12:51

El Correo Gallego | Cartas al Director



Cinco días de sanción por agredir a unha manifestante. Esta foi a condena a que foi sometido o Policía Nacional que agrediu, diante das cámaras e sen motivación, a unha manifestante durante as manifestacións en contra da guerra de Iraqu.



O Movimento polos Direitos Civís informa que recibiu comunicación da sanción á que foi sometida o Policía Nacional que agrediu a unha moza durante as manifestación en contra da guerra do pasado mes de marzo en Madrid.



Naqueles días puidemos ver por distintas cadeas de televisión como un Policía Nacional se achegaba lentamente a unha moza que estaba auxiliando un ferido e a golpeaba na cabeza e logo dáballe nas costas e marchaba, tamén lentamente, mentres a moza caía ferida no chan.



Estas imaxes foron moi comentadas, criticouse a brutalidade policial e a impunidade coa que actúan. Lamentablemente hoxe podemos facer público o barato que sae a actuación deste funcionario encargado de facer cumprir a lei; foi sancionado con 5 días de suspensión de funcións.



Outra manifestante, ferida tamén coa "defensa regulamentaria'', nin sequera pode ter a satisfacción de que se sancionara o funcionario que a agrediu, xa que o Xulgado de Instrucción 25 de Madrid non conseguiu identificar o agresor.



O Movimento Polos Direitos Civís denunciou estes feitos ao Defensor del Pueblo o pasado 31 de Marzo do 2003 e requiriulle que, en base ao artigo 28 da Lei do Defensor do Pobo, se inste ás autoridades competente para a modificación da Lei orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade para que estes sexan responsabeis dos actos dos funcionarios ao seu cargo.

0 comentarios:

Publicar un comentario