Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MPDC recurre ante o Xulgado Nº6 a prohibición de entrar ao pleno de Santiago.

Written By Virgulino on 16/12/03 | 12:18

Denuncia aos Policías Municipais en base ao artigo 542 do CP por "impedir a unha persoa o exercicio doutros dereitos cívicos recoñecidos pola Constitución e as Leis".



O Movimento polos Direitos Civís presentou recurso ante o Xulgado de Instrucción Nº6 de Compostela polo impedimento de cinco funcionarios de que varios mozos e mozas puideran asistir a un pleno municipal o pasado día 27 de Novembro.



No mencionado recurso se denuncia que os policías negáronse a identificarse e impediron o exercicio do dereito á participación directa nos asuntos públicos (recoñecidos no artigo 23 da Constitución) obstaculizando a asistencias de varios mozos e mozas a un Pleno Público (establecido no artigo 70 da Lei 7/1985 reguladora das Bases de Réxime Local) feito que supón ademais "medida que directa ou indirectamente obstaculiza a liberade de circulación" (artigo 139 da CE) en canto o Concello de Santiago é un edificio público onde se estaba a celebrar un acto público.



Estes feitos están tipificados no artigo 542 do Código Penal que prevé "pena de inhabilitación para emprego ou cargo público por tempo dun a catro anos á autoridade ou funcionario público que impida a unha persoa o exercicio doutros dereitos cívicos recoñecidos pola Constitución e as Leis.



O MPDC quere denunciar con este recurso a falta de respecto do Concello de Santiago coa cidadanía e os seus dereitos, promovendo actos propagandísticos de defensa da Constitución cando a súa política real é a vulneración sistemática dos dereitos fundamentais.

0 comentarios:

Publicar un comentario