Mentres se ordena á Policía Local impedir a entrada a cidadáns con intención e asistir aos Plenos se organiza un Pleno Especial para conmemora a Constitución.
O Movimento polos Direitos Civís denuncia a hipócrita actuación do Concello de Santiago de Compostela organizando un Pleno Especial onde se substituirán aos Concellais por nenos e nenas.
Esta enérxica denuncia ven dada pola actitude absolutamente antidemocrática que ven tendo o alcalde de Santiago cós colectivos sociais nos últimos anos impedindo a súa asistencia aos plenos, negándose a recibilos, non respondendo aos seus escritos e peticións, etc. ...
Bugallo debería de explicar aos nenos e nenas que estarán mañá no Pleno Especial que os Plenos Ordinarios son públicos, así o di a Lei de Réxime Local, pero que este dereito e vulnerado sistematicamente polo alcaldía. Tamén debería explicarlles que cando teñan máis anos é posible cá policía municipal lles impida a entrada polo simple feito de estaren en desacordo coa actuación da alcaldía.
O Alcalde de Santiago debía privarse de realizar estes actos de cara a galería no que busca dar unha aparencia de defensa dos dereitos da cidadanía xa que non dispón da lexitimidade para facelo, os dereitos da cidadanía se lles permite exercitar no día a día, non en actos de impacto mediático que non corresponden coa realidade diaria da forma de actuar do concello.
Sánchez Bugallo aínda ten que explicar porque a Policía Local de Santiago está denuncia por dezasete xovens que non puideron acceder a un pleno, aínda cando estes xovens (que en total eran máis de 30) aceptaron que só entraran algún.
Cómo xa denunciamos recentemente, os políticos están a facer unha utilización partidista da Constitución na que non creen e que tampouco respectan.
O MPDC critica o Pleno Especial do Concello de Santiago
Written By Virgulino on 9/12/03 | 19:01
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario