O Movimento polos Direitos Civís é unha iniciativa integrada pola CIG-Mocidade, os CAE e os CAF, que ten por obxectivo chamar a atención sobre sobre as perdas e violacións de direitos de todo tipo, ademais de incitar a denunciar estes feitos para combater a impunidade.
O pasado mes de Marzo o Movimento polos Direitos Civís iniciou unha campaña contra a videovixiancia no Concello de Santiago. Esta campaña ten basicamente dous frentes que se reparte da sguinte maneira:
· Solicitude da acceso e cancelación de imaxes gravados en lugares públicos.
Basado nos artigo 23 e 24 do Regulamento de videovixiancia onde di que todas as persoas teñen dereito ao acceso e cancelación das imaxes gravadas en lugares públicos.
A estas solicitudes a Concellalía de Seguridade Cidadá non respondeu no prazo de 10 día, polo que se entenden estimadas, e tampouco notificou cando se podía exercitar o dereito de acceso.
· Acceso á Solicitude, Informe de Comisión de Garantías, Autorización e última renovación das autorizacións de instalacións fixas de videocámaras.
Solicitamos, polo procedimento Administrativo Común (incluído fotocopia do DNI de un dos solicitantes) á Concellalía de Seguridade Cidadá e ao Goberno Civil que nos facilitara a documentación mencionada, ao que ningún dos dou respondeu.
O silencio da Concellalía nos da a entender que non dispón dos permisos necesarios para a instalación das Cámaras, por este motivo pediremos unha reunión con Carlos Nieves para solicitarlle que responda aos noso requerimentos e recordalle que a Administración debe dar exemplo no que se refire ao cumprimento da lexislación vixente. No caso de non obter unha resposta afirmativa pediremos a intervención do Valedor do Pobo para salvaguardar un dereito básico como é a intimidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario