Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movimento polos Direitos Civis quere denunciar a situación de indefesión na que se atopan os traballadores e traballadoras do noso país que queiran

Written By Virgulino on 13/6/02 | 10:51

Mentres o Goberno do PP trata aos sindicatos de alborotadores que intentan impedir o dereito a ir traballar, non fai absolutamente nada para combatir a xá habitual presión que exercen os empresarios sobre quen quere exercitar o dereito constitucional de folga. Esta presión, que ten a forma mais habitual en ameazas de despido si non se presentan no posto de traballo, parece que non lles preocupa o mais mínimo ao Presidente do Estado.



Por si a ameaza de despido non fora motivo de peso para ir a traballar, sobre todo no mercado laboral precarizado que temos na Galiza, a Policial inicia unha campaña de acoso que, mediante carta e visita ás empresas dos Polígonos das nosas cidades, esixe aos empresarios que informen, entre outras cousas, sobre o seguimento da folga polos traballadores.



Segundo responsabeis policiais, quen non acuda á cita coa policia para proporcionar os datos solicitados “tampouco poderá protestar despois si sofre algun dano”. Nos preguntamos ¿Que danos? ¿Quenes o van ocasionar? ¿Si o empresario proporciona datos poderán acusar a traballadores ou traballadoras concretos da súa empresa? ¿Si non os facilita a Policía fará deixazón dos seus deberes?



Estas preguntas quedarán sin resposta, como as feitas no Parlamento Español, pero o dano está feito e a actuacións do Goberno deixa moito que desexar, inclinando a balanza, como sempre, ao empresariado e viciando o normal desenrolo do proceso de decisión, por parte dos traballadores e traballadoras, de secundar ou non a convocatoria de folga.



Esta actitude, digna de outros tempos que creíamos superado, busca a criminalización do exercicio deste dereito básico e coacciona ós empresarios para teren vixiados aos seus traballadores e traballadoras.

0 comentarios:

Publicar un comentario